PAU XUÑO 2011
Código: 04
HISTORIA DA FILOSOFIA
OPCIÓN A
Lea atentamente o seguinte texto de ARISTÓTELES e a partir del responda as cuestións que se formulan.
• Teña en conta que se trata de cuestións interre/acionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
• Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sin táctica, ortográfica e retórica.
TEXTO
“A comunidade perfecta de varias aldeas é xa a cidade, con, por así dicilo, a perfección de toda suficiencia (autárkeia), e nacida para vivir, pero existente para vivir ben. Por iso toda cidade o é por natureza, se tamén o son as comunidades previas, xa que ela é fin destas e a natureza é fin. Porque o que cada ser é, despois de rematada a súa xénese, é o que dicimos que é a súa natureza, por exemplo, a do home, do cabalo, da casa. Ademais a causa e o fin son o mellor, e a suficiencia é fin e o mellor.
De todo iso resulta que a cidade é das realidades naturais e que o home é un animal social (z6on polítik6n), e que o asocial por natureza e non por acaso ou é inferior ou superior ao home, coma o censurado por Homero como
home sen tribo, sen leis, sen togar
pois quen é tal por natureza tamén é desexoso de guerra, por ser como unha peza solta no xogo das damas.
Por qué o home é animal social en maior medida que a abella ou calquera animal gregario é cousa evidente: a natureza, como dicimos, nada fai en van, o home é o único dos animais que ten a palabra (/6gos). Pois ben, a voz é signo do doloroso e do pracenteiro e por iso está presente tamén nos outros animais, xa que a súa natureza chega ata ter percepcións do doloroso e do pracenteiro e a que as signifiquen uns ÓS outros. Pero a palabra é para expresar o conveniente e o danoso, así como o xusto e o inxusto, porque é propio dos homes fronte aos outros animais ser o único que ten percepción do ben e do mal, do xusto e do inxusto, e doutras cousas. A comunidade en todo iso fai a familia e a cidade.
A cidade está por natureza antes que a familia e que cada un de nós, poís é de necesidade que o todo estea antes que a parte: morto o todo, non haberá nin pé nin man, se non é equivocamente, por exemplo, se falamos dunha man de pedra, a tal man será unha man morta. Todo está definido pola súa función e pola súa capacidade, de tal xeíto que, cando as cousas xa non son, non se debe dicir que seguen sendo elas, senón algo co mesmo nome. É evidente, pois, que a cidade é por natureza e antes que cada un, xa que, se cada un iIIado non é autosuficiente, estará na mesma posición que as demais partes fronte ao todo, e aquel que non ten capacidade de vivir en sociedad e ou que nada necesita pola súa autosuficiencia, non é parte ningunha da cidade, mesmamente coma unha besta ou un deus. Por natureza está en todos o impulso cara a tal sociedad e, e o primeiro que a estableceu é causante de grandes bens, xa que, tal coma o home cabal é o mellor dos seres vivos, así tamén, afastado de lei e xustiza, é o peor de todos, porque a inxustiza máis inaturable é a que ten armas, e o home por natureza ten armas para a prudencia e a virtude, pero é moi posible que as empregue para os seus contrarios; por iso sen virtude o home é o máis impío e salvaxe, e o peor para as luxurias e as enchentes, mentres que a xustiza é da sociedade porque a xustiza é ordenación da comunidade política, a xustiza é decisión do que é xusto”.
ARISTÓTELES, Política libro I, 1253a5-a38
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICiÓN
I) Marco histórico e conceptual: (avaliación:de O a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: crítica da doutrina platónica.
II) Comprensión: (avaliación:de O a 6 puntos)
- Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: a idea de cidadán en Aristóteles: a idea de polis e a condición de cidadán.
III) Coñecemento específico: (avaliación:de O a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña -con c1aridade e rigor conceptual- as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.
- Comentario persoal
PAU XUÑO 2011
Código: 04
HISTORIA DA FILOSOFÍA
OPCIÓN B
Lea atentamente o seguinte texto de DESCARTES e a partir del responda ~s cuestións que se formulan.
• Teña en conta que se trata de cuestións interre/acionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
• Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.
TEXTO
“Foi isto causa de que eu pensara que se precisaba buscar outro método que, comprendendo as vantaxes destes tres, estivese exento dos seu s defectos. E, como a abundancia de leis fornece decote escusas para os vicios, de xeito que un Estado está tanto mellor regulamentado canto, non tendo senón moi poucas leis, estas son moi estreitamente observadas; así, en lugar dese gran número de preceptos dos que está composta a lóxica, crin que, sempre que tomase unha firme e constante resolución de non deixar de observalos nin unha soa vez, abondaría cos catro seguintes.
Consistía o primeiro en non aceptar xamais ningunha cousa como verdadeira que non coñecese evidentemente ser tal; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e a prevención; e non aceptar nada nos meus xuízos senón aquilo que se presentase tan claramente e tan distintamente ao meu espírito que non tivese ocasión ningunha de poñelo en dúbida.
O segundo, dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes como fose posible e requirible para mellor resolvelas.
O terceiro, conducir por orde os meus pensamentos, comezando polos obxectos máis simples e máis doados de coñecer, para subir pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis compostos; e supoñendo mesmo unha orde entre aqueles que non se preceden naturalmente uns aos outros.
E o derradeiro, facer en todo enumeracións tan completas, e revisións tan xerais, que estivese seguro de non omitir nada.
Esas longas cadeas de razóns, todas simples e fáciles, das que os xeómetras teñen costume de se serviren para chegar ás súas máis difíciles demostracións, déronme ocasión de imaxinar que todas as cousas que poden caer baixo o coñecemento dos homes sucédense unhas ás outras da mesma maneira, e que, soamente con absterse de aceptar como verdadeira ningunha que non o sexa, e gardar sempre a orde precisa para deducir unhas das outras, non pode haber entre elas ningunha tan afastada á que finalmente non se chegue, nin tan agachada que non se descubra. E non me foi difícil buscar por cales era necesario comezar, pois sabía xa que era polas máis simples e as máis doadas de coñecer; e, considerando que entre cantos procuraran con anterioridade a verdade nas ciencias, só os matemáticos puideron atopar algunhas demostracións, é dicir, algunhas razóns certas e evidentes, non dubidaba que debería comezar polas mesmas que eles examinaron (oo.)”.
R. DESCARTES, Discurso do método
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual: (avaliación:de O a 2,5 puntos)
- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
- Cuestión contextual: a vinculación do empirismo e o racionalismo coa revolución científica.
II ) Comprensión: (avaliación:de O a 6 puntos)
- Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: o problema do método.
III) Coñecemento específico: (avaliación:de O a 1,5 puntos)
- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña -con c1aridade e rigor conceptual- as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da “Historia da Filosofía”.
- Comentario persoal.