O pensamento de Maquiavelo atópase profundamente arraigado no contexto cultural e político do Renacemento italiano.
Maquiavelo é un humanista. O humanismo caracterízase polo regreso aos clásicos grecolatinos coa intencion de promover, a partir deles, unha nova configuración da vida e a cultura. Maquiavelo interésase especialmente polo mundo romano. A república romana –a súa orixe e desenvolvemento- ofrecen unha historia con multitude de exemplos e leccións para os políticos do mundo posterior.
Maquiavelo está ademáis profundamente interesado pola política. Interviu activamente nela, ocupando cargos de relevancia no goberno de Florencia durante os anos nos que nesta cidade se gobernou coma república. A súa actividade diplomática deulle a oportunidade de viaxar a países extranxeiros, particularmente Francia, Suiza e Alemania.
A época renacentista, na que viviu Maquiavelo, é a época da creación das grandes monarquías nacionales, centralizadas e absolutistas, particularmente Francia e España. O poder centrouse nos monarcas ou príncipes, que se rodearon de burocracias eficaces e de poderosos exércitos ao seu servicio.
Mentres en Europa se creaban os estados nacionais, Italia permanecía, sen embargo, políticamente estancada, dividida en multitude de pequenas repúblicas e principados enfrontados entre si. Venecia, Florenica, Milán, Nápoles e os Estados Pontificios foron as principais micropotencias neste fragmentado panorama político italiano. Maquiavelo é consciente desta desunidade italiana, di que Italia “se atopa sen guía, sen orde, derrotada…”. Maquiavelo é un patriota que desexa fervorosamente ver a Italia unida, libre e poderosa. O seu coñecemento dos países europeos –gracias á súa labor diplomática- fíxolle recoñecer que a creación dun estado forte só é posible mediante a concentración do poder nas mans dun monarca. E isto exixe a aparición dun “príncipe novo” dotado dunha virtude e dunha prudencia excepcionais, capaz de crear un novo Estado.
Seguindo aos filósofos clásicos da política –especialmente a Aristóteles- Maquiavelo distingue tres sistemas políticos ou formas de goberno:
a) monarquía (goberno do rei)
b) aristocracia (goberno da nobreza)
c) democracia (goberno do pobo).
Estes tres sistemas (bos na súa orixe) poden dexenerar transformándose nas correspondentes formas viciosas: a monarquía dexenera en tiranía, a aristocracia en oligarquía e a democracia dexenera nun estado de desorde, inxustiza e descontrol.
Para Maquiavelo non se trata dun simple esquema senón da maneira en como os estados se seguen historicamente: a monarquía orixinal chega inexorablemente á tiranía. A tiranía chega a ser insoportable –facendo que nobres derroquen ao tirano instaurando a oligarquía. O pobo, coa axuda de alguén capaz de opoñerse aos oligarcas, elimínaos e instaura a democracia, que tamén dexenera. O pobo, finalmente, farto de inxustizas e desorde volta ao principado. E con isto vólvese ao principio.
Esta explicación dos ciclos que seguen os Estados é sumamente ilustradora da idea de que a historia se repite, os acontecementos suceden sempre do mesmo modo. Os ciclos sucederíanse indefinidamente, se non fose polo feito de que os Estados acostuman a desaparecer ao ser absorbidos por outros máis fortes e organizados.
As formas de goberno descritas (monarquía, aristocracia e democracia) son formas puras, nas cales o poder recae ou ben no príncipe, ben nos nobres, ben no pobo. En realidade, a organización política é unha forma mixta, un sistema no cal se mesturen elementos das tres formas: un goberno no cal o poder se distribúa entre os nobres e o pobo, de modo que uns e outros interveñan no goberno. E, segundo Maquiavelo, a forma máis excelente desta forma de goberno é a república romana, cuxo éxito residiu no enfrontamento entre o pobo e o Senado. Maquiavelo considera que unha república ben ordenada é o mellor sistema de goberno. A república tería as seguintes ventaxas:
a) Na república acádase o ben común mellor ca noutro sistema, xa que a maioría dos cidadáns (e non só uns poucos) están comprometidos con el. “O que fai grandes ás cidades non é o ben particular senón o ben común”, escribe Maquiavelo.
b) A república é un réxime que salvagarda mellor a liberdade. A liberdade é un elemento do ben común e un referente que perseguen todos os pobos.
c) Onde hai liberdade, hai progreso.
d) A república é o sistema máis estable: porque o pobo é máis prudente e ten mellor xuizo ca un príncipe; porque a república adáptase con maior facilidade á diversidade das circunstancias; e, porque a república non ten problema sucesorio que afecta ao principado (ten “infinitos xefes virtuosos que se suceden uns a outros”).
Esta defensa da República é unha defensa da liberdade: a dos individuos dentro do marco do Estado e tamén da liberdade do Estado frente ao poder e inxerencia doutros Estados.
Maquiavelo acostuma a ser considerado coma o creador da ciencia política.
No S. XV e XVI prodúcese unha separación paulatina do pensamento especulativo (metafísica, ética, relixión) do inicio dun pensamento político con metodología propia e autónoma. Hay unha conciencia de que a ensinanza política debe realizarse a partir da análise e interpretación da historia (historicismo), concretamente análise da antiguidade clásica (sofistas, Platón e Aristóteles) e o mundo romano (os distintos gobernos, o esplendor e a miseria do mundo romano, o dereito romano).
Maquiavelo parte dunha perspectiva empírica: os feitos. Nesto consiste o seu realismo político. Non se trata de concibir cal sería o estado ideal senón partir de cómo é o Estado existente e real. Hai que aterse aos feitos, doutro modo, ao concreto (en contraposición co universal, a idea…). O realismo de Maquiavelo ponse de manifesto na descrición que efectúa da natureza humana. Ten unha visión pesimista do ser humano. Para Maquiavelo o home tende, na realidade, a ser malo: móvese por ambición, paixóns e desexos insaciables. Caracteriza ós homes como ingratos, veleidosos, cobardes, avariciosos, envidiosos e interesados. A natureza humana é perversa. Maquiavelo é pesimista, malia o optimismo característico do Renacemento: o home non atopa posibilidade de redención: nin mediante a educación (Platón) nin mediante a redención cristiana (S. Agustín).
A autoridade para atallar a corrupción e presidir a nova república é o príncipe, unha persoa que deberá de ter unha gran capacidade persoal, un forxador de Estado dotado de cualidades extraordinarias. Deberá ser prudente, en primeiro lugar. Debe de restaurar a paz e a unidade, impoñer novas leis, facelas cumprir.
Maquiavelo rompe coas teses clásicas do humanismo que vencellaba a noción de virtude á moral. A virtude do príncipe ha ser vigor e saúde, astucia e enerxía, capacidade de previsión e planificación, tenacidade. Esta virtude xustifica o seu poder.
O problema político é o principal obxectivo das reflexións de Maquiavelo: como se pode constituír e conservar un novo Estado. Para a súa instauración son importantes as virtudes dun individuo (o príncipe) e para a súa conservación, as virtudes do pobo. Quen queira fundar un novo Estado deberá empregar a súa forza e astucia sen se deixar entorpecer por escrúpulos morais, ata o punto de empregar a crueldade e engano se é preciso. Daí o lema de Maquiavelo “a fin xustifica os medios”. O que nos quere dicir con isto é que a ética está separada da política. Mais, por outra banda, a vida moral pertence á cidade, ao cidadán. Só na cidade é posible. É o lugar no que as persoas poden ter condicións de liberdade, igualdades políticas e autonomía. Por iso salvagardar a república é salvagardar a posibilidade da moral. E para salvagardar a república haberá moitas veces que facer uso de enganos e da forza, cousas que poden chegar a ser consideradas como inmorais moitas veces.
A razón de Estado exixe que quenes detentan o poder político non atendan a outro criterio que o interese, a defensa e o benestar do Estado.
1) Ainda cando está en xogo o interese do Estado, os gobernantes han de prescindir –como dixemos- de calquera consideración moral nas súas decisións e actuacións. O príncipe, xa que logo, non ha ter en conta a condición moral dos seus actos xa que conductas consideradas como virtuosas poden resultar ruinosas para o Estado nunhas determinadas circunstancias, mentres outras conductas que se poidan considerar moralmente reprobables poden servir para o fortalecemento da súa seguridade e benestar. O príncipe ten que estar disposto a obrar mal se as circunstancias o exixen: ten que “aprender a poder non ser bo”, según di Maquiavelo.
2) A norma práctica que sustenta toda a concepción maquiaveliana da acción política é a de –como dixemos- a fin xustifica os medios e o éxito xustifica as accións.
No Hay Comentarios »

O Renacemento é unha ponte entre a Idade Media e a Modernidade. En filosofía é a etapa que vai desde Nicolás de Cusa ata Descartes. Caracterízase polo nacemento das cidades e a expansión do comercio.
Factores do cambio de mentalidade:
a) de carácter relixioso: enfrentamentos entre o poder político (emperador) e o poder relixioso (papa).
b) De carácter literario: comentario e traducción de textos clásicos.
c) De carácter cultural: caída do imperio bizantino propicia o contacto de occidente e oriente—obriga ós eruditos orientais a emigrar a Italia e prodúcese o enrequecimento cultural.
d) De carácter sociopolítico: consolidación da burguesía- impulso do comercio e vida urbana. Consolidación dos estados nacionais e monarquías absolutas (Tudor en Francia, Austrias en Alemania)
e) De carácter científico técnico: inventos: vidros, lentes, reloxo, a pólvora, o compás, a imprenta en 1440.
En filosofía prodúcese un retorno á antiguidade clásica: platonismo, estoicismo, escepticismo e epicureismo (actualizándoos para mantelos en diálogo coa teología e filosofía cristiá. Créase a Academia Platónica onde están Ficino e Pico Della Mirándola. Montagne (neoescepticismo), Lorenzo Valla (neoepicureismo).
Caracterízase asimesmo polo crecente individualismo e antropocentrismo: o ser humano convértese en centro de interese.
É unha época na que hai unha curiosidade e anhelo de saber.
Maquiavelo nace en Florencia no ano 1469. Tras a caida dos Médicis e unha vez instaurada a república en Florencia, participou activamente na política da cidade. En 1498 foi nomeado secretario da Segunda Cancillería e posteriormente canciller dos Nove da Milicia (1507). Despois do regreso ao poder dos Médicis foi detido e torturado. A partires dese momento retirouse, adicándose fundamentalmente a escribir. En 1513 escribiu a sú obra máis coñecida, O príncipe, e comezou a redacción dos Discursos sobre a primeira década de Tito Livio, que rematou anos despois. Morre en 1527.
No Hay Comentarios »
Ademais da substancia pensante (do meu eu), existe outro tipo de substancia finita e creada: a dos corpos, todos eles cun atributo fundamental: a extensión. A materia ou res extensa constitúe a terceira substancia da metafísica cartesiana. Eu, Deus, mundo: res cogitans, res infinita, res extensa. Vexamos cómo as caracteriza Descartes:
1. Deus: substancia perfecta e infinita. En rigor é a única substancia (substancia = aquilo que pervive por si mesmo sen a necesidade doutro. A Deus non lle fai falta outro, non depende de ninguén. Aquí Descartes recolle a defenición aristotélica da substancia). Non é creada. O seu atributo esencial é a perfección.
2. Eu pensante (alma): substancia imperfecta, pero dotada de razón. Finita e creada. O seu atributo esencial é o pensamento.
3. Materia (corpo extenso e mundo extenso): substancia imperfecta e creada. O seu atributo esencial é a extensión.
A pregunta vén agora: ¿son independentes o corpo e a alma? ¿Cómo se comunican? A resposta de Descartes vai ser falar dunha glándula ubicada no cerebro humán á que chama glándula pineal, alí está situada a alma e desde alí conecta co corpo e modifica os movementos deste a través do que el chama os “sprits animaux” (espíritus animales), anticipando intuitivamente algo parecido ao sistema nervioso, ainda descoñecido no século XVII.
A substancia extensa.
Está caracterizada por unha triple dimensión: figura, posición e movemento. A física de Descartes (a cienica que estuda a res extensa) é mecanicista. ¿Qué quere dicir isto? Explica os fenómenos e as súas relacións por medio de dous elementos: a materia e o movemento. Deus creou o mundo, imprimiulle movemento e este consérvase trasladándose dun corpo a outro mediante choque. Descartes elabora a súa física distinguindo tres leis:
a) Lei da inercia: toda cousa permanece sempre no mesmo estado, mentres que non sexa cambiada por ningunha causa exterior.
b) Lei de dirección do movemento: un corpo en movemento tende a continualo en liña recta.
c) Lei do choque: no choque entre dous corpos non se perde movemento, senón que a súa cantidade permanece constante.
A análise do mundo físico leva a Descartes a considerar tamén o corpo humano, as prantas e animais coma mecanismos. Só existen forzas mecánicas que actúan no universo. Todos os seres son máquinas construidas por Deus. Toda actividade vital non é máis cá reacción física a certos estímulos.
Por último sinalar que a realidade, o mundo físico réxese pola causalidade eficiente non pola causa final (como si sucedía no sistema aristotélico). Todo é movemento e choque entre a materia que conserva dito movemento.
No Hay Comentarios »
Nós temos varios tipos de ideas:
a) Adventicias: son as ideas que proveñen de fóra, da experiencia sensible, da miña percepción do mundo. Estas ideas poden resultar erróneas, como temos visto ata o de agora.
b) Facticias: son as ideas que inventamos ou fabricamos arbitrariamente nós mesmos. A idea de seres mitolóxicos coma o centauro, o pegaso, etc. darían mostra deste tipo de ideas.
c) Innatas. Hai un tipo de ideas que non proveñen de fóra nin que son inventadas por nós. Estarían dentro deste tipo de ideas a idea de Deus, a idea de cusa, substancia ou número.
Centrémonos na idea de Deus (unha idea innata). Resulta que eu teño en min a idea dun ser perfecto (Deus). Sen embargo eu son un ser imperfecto. Non é razonable que do imperfecto xurda o perfecto, logo esta idea non puido ser orixinada por min (non é facticia), nin provén do mundo externo (adventicia). Só nos queda unha terceira posibilidade: que o ser sumamente perfecto ma puxera en min, na miña mente (pois de min non pode provir). A través da análise das ideas chegamos á idea de Deus. Agora temos que ver cales son as argumentacións cartesianas a prol da súa existencia.
- O argumento ontolóxico. Recolle este argumento de San Anselmo, reforzándoo. Así como da idea dun triángulo non se pode separar o feito de que a suma dos seus ángulos é igual a 180º; da idea de Deus –ser sumamente perfecto- non se pode separar a súa existencia, pois se é sumamente perfecto, ten que ter todas as perfeccións. Existir é máis perfecto ca non existir. Logo Deus ha existir. Deus existe como ser sumamente perfecto.
- Teño a idea en min dun ser infinito. Sen embargo eu son finito, logo esa idea non puido saír de min, senón que debeu ser posta en min por un ser infinito. Este ser infinito é Deus. Deus é a causa da existencia en min da idea de infinitude.
A existencia do mundo é demostrada por Descartes a partir da existencia de Deus. Xa que Deus é o ser infinitamente bo non pode facer que me engane cada vez que penso que o mundo existe. Logo o mundo existe. Doutro modo: Deus é o garante da verdade da existencia da realidade externa. Deus garantiza que ás miñas ideas adventicias lles correspondan cousas externas á miña mente, entre elas as ideas do meu corpo, desta mesa, do meu teclado e ordenador, etc.
No Hay Comentarios »
O máis sensato é cuestionar absolutamente todos os nosos coñecementos recibidos e ir buscar verdades indubitables. O que se trata é de atopar algo do que non se poida dubidar e a partir de aí, ir construindo, sobre esa base, o edificio do coñecemento, coa garantía de que non estará fundamentado nun erro, senón en algo indubitable. Descartes é consciente de que os erros da filosofía anterior fundaméntanse en crenzas en cousas que non son indubitables. Descartes acomete a tarefa de poñer en cuestión provisionalmente todo aquilo que non satisfaga as condicións que puxera anteriormente no primeiro paso do seu método científico: rexeitar todo aquilo que non se nos amose como evidente, esto é, claro e distinto. Este tipo de dúbida chamarase “dúbida metódica”, non é unha dúbida real e paralizante coma a escéptica, senón que forma parte dun camiño que busca a certeza como punto final, noutras palabras: forma parte dun método. Esta dúbida ten varias razóns, pasos, momentos:
1. A incerteza dos datos sensoriais. ¿Por qué se dubida dos sentidos? Durante miles de anos os homes afirmaban que a Terra inmóbil era o centro do universo, por poñer un exemplo. Sen embargo, os sentidos enganáronnos, a lo menos nesa ocasión. O razonamento de Descartes é: un non se pode fiar daquilo que nos enganou unha vez, logo temos que dubidar dos datos que nos proporcionan os sentidos, teremos que seguir indagando, buscando algo do que nos poidamos fiar. Se dubidamos dos sentidos, dubidamos do noso corpo e de toda percepción sensorial do mundo.
2. A dificultade para distinguir o soño da vixilia. Hai veces que soñando nos parece que estamos despertos. ¿Cómo sei que non é soño esto que estou vivindo e facendo agora? Non parece nada claro que esté desperto, podería estar soñando que estou desperto. Esta é un momento de dúbida radical acerca da realidade. Se non podemos discernir a diferencia vixilia/sono, estamos perdidos.
3. A hipótese do xenio maligno. Parece que o que non cabe dentro da dúbida é o feito de que as proposicións matemáticas coma “2+2=4” son verdadeiras. Mais Descartes dirá: ¿e que pasa se existe un xenio maligno e enganador que me fai confundirme cada vez que sumo 2 e 2. Se existise un xenio maligno eu estaría errado. Con esta hipótese do xenio maligno nada escapa a dúbida metódica e convértese en universal.
Sen embargo, medita Descartes, cando penso todo isto, sen dúbida, ainda que só sexa como pensamento, eu existo. É dicir, se penso, logo existo. Ainda que esté errado en todo, ainda así, ainda que existira o xenio maligno eu en tal caso sería o obxecto da burla do xenio e existiría, coma o enganado, o ser que pensa, que dubida… Esto é unha intuición: absolutamente nada permite dubidar dela, é unha idea clara e distinta (evidente e diferenciada). Este é pois o primeiro principio ou primeira verdade á que chega Descartes: “Eu penso, logo existo”, en latín: “cogito, ergo sum”, o que se denominará a partir de entón o cogito cartesiano.
É curioso que chegamos á existencia do eu, do cogito, mais ainda temos o corpo baixo a dúbida. Logo esto sinalará que o corpo está diferenciado do pensamento, da conciencia, da alma. Convén darse conta de que ainda temos que atopar o medio para xustificar a existencia do mundo (con iso, do meu corpo). Este medio partirá da análise das ideas que o eu ten. Haberá que demostrar a existencia dun Deus veraz que nos garanta que existe un mundo, o noso corpo, que non nos erramos ao sumar 2+2, etc. E así, remataremos coa hipótese do xenio maligno. Verémolo no seguinte apartado.
No Hay Comentarios »
O problema do método é o problema da fundamentación do coñecemento. Cómo acadar unha base firme e segura para o edificio do coñecemento. Descartes é consciente dos avances da Revolución científica, o que tratará é de desenvolver a súa propia investigación e un novo método que non caia nos erros do método escolástico (xa que este non se adecuaba aos novos descubrimentos efectuados por Copérnico, Kepler e Galileo e impedía o propio avance científico en lugar de animalo e propicialo).
Descartes parte da base de que a razón humana é unha ferramenta valiosa e eficaz para o coñecemento da realidade. Só poñendo un asentamento firme e seguro na razón, só se chegamos a un primeiro principio evidente poderemos a partires de ahí fundamentar o coñecemento. E, así, faremos coma os matemáticos, que logo de chegar a un axioma indiscutible proseguen cos teoremas, corolarios, etc. Doutro modo, a matemática –o modelo matemático- ha de ser o que nos oriente na procura deste novo método. Descartes introduce o modelo matemático na filosofía para dotar á razón humana dun criterio de verdade definitivo.
Xa Galileo establecera a necesidade de aplicar o modelo matemático aos datos das observacións científicas, chegando a conformar o método hipotético-deductivo. Galileo di: “o universo está escrito en linguaxe matemática”, é dicir, so facendo uso da matemática –da súa linguaxe- seremos capaces de descifrar as leis da natureza. Se se fai fincapé na matemática é porque a matemática non comete erros, é o medio máis axeitado para buscar a veracidade.
No Discurso do método (escrito en 1637, uns anos máis tarde ca a condena de Galileo) establece catro regras fundamentais do seu método: a da evidencia (intuición), a da análise, a da síntese e a da enumeración.
- A evidencia consiste, sucintamente, en non aceptar nada como verdadeiro sen coñecer evidentemente que o fose. Non aceptar como verdadeiro nada que non se nos presente de forma clara e distinta. Ter evidencia de algo conleva ter unha intuición.
- A análise consiste en dividir en partes menores, pois ante un problema resulta máis eficaz dividilo nas súas partes e tratar así de analizalo de forma adecuada, polo miudo.
- A síntese consiste no contrario á análise, é unha regra que fai ascender gradualmente do máis sinxelo e simple ao máis complexo, é dicir, compoñer ou unir o máis simple para chegar ao máis complexo.
- Por último, a enumeración consiste en revisar o analizado e sintetizado para asegurarse de non ter cometido ningún erro.
Con estas regras, as regras do método cartesiano, o noso autor considera que a filosofía se desfaría dos erros nos que caera anteriormente a escolástica. Gracias á inspiración do modo de proceder da matemática, Descartes considera que se farían avances importantes no estudo filosófico.
No Hay Comentarios »

Contextualización da vida e obra.
Descartes é o pai da modernidade, principal representante do racionalismo. Coa súa filosofía inaugúrase unha nova etapa da filosofía, un novo modo de acometer a análise da realidade.
O contexto histórico do racionalismo é o Barroco. Situámosnos no século XVII. Trátase dunha época de crise onde as seguridades antigas (aristotelismo, tomismo, xeocentrismo, etc) van ser postas en cuestión. Cómpre sinalar sobre todo dúas causas da situación de incerteza e dúbida que supón a época que lle tocou a Descartes vivir.
1. A revolución científica, encabezada por figuras coma Copérnico, Kepler e Galileo. No ámbito da astronomía negábase que a Terra fose o centro do universo e tamén a idea de que o movemeto dos astros era circular. No ámbito da física discutíanse as premisas do aristotelismo. Tamén cabe sinalar a perda de validez dos métodos escolásticos para a ciencia.
2. A destrucción da unidade relixiosa. Divídese Europa en tres relixións: a católica, protestante e anglicana. Como consecuencia podemos sinalar a Guerra dos 30 anos entre protestantes e católicos.
A nivel político é a época da monarquía absoluta (Luis XIV en Francia, por exemplo).
Durante o século XVII Holanda aumenta a súa prosperidade gracias ao comercio marítimo e á industria. Convértese nun país tolerante, e por ese motivo é refuxio de numerosos filósofos: Descartes mesmo, Spinoza, Hobbes, Locke…
René Descartes naceu en 1596 en La Haye (Francia), no seno dunha familia nobre e acomodada. Educouse no colexio dos xesuítas de La Fleche. A súa moderada fortuna permitiulle adicar a súa vida ao estudo, á ciencia e á filosofía. En 1618 decide adicarse á carreira militar e participa na Guerra dos 30 anos. De 1629 a 1649 permaneceu nos Países Baixos. Este último ano trasladouse a Estocolmo, onde impartía clases á raiña Cristina de Suecia. Morreu dunha pneumonía en 1650. As súas obras máis significativas son Regras para a dirección do espíritu (1628), Discurso do método (1637), Meditacións metafísicas (1640) e Principios da filosofía (1644).
No Hay Comentarios »
“Tamén a min mo parece, Cebes, que todo é asi, e que nós non nos enganamos cando acordamos estas cousas, senón que é tan realidade o revivir como que os vivos nacen dos mortos e que as almas dos mortos existen [...].E certamente, dixo Cebes, tomando a palabra, segundo ese argumento, Sócrates, se é verdade, ten que ser resultado de algo que ti costumas dicer a miúdo: que para nós o coñecimento non é outra cousa máis que recordar, e de acordo tamén con isto, é necesário ter aprendido nalgun outro tempo o que se recorda no presente. E isto non seria posíbel, se a nosa alma non tivese vivido noutro lugar, antes de ter entrado nesta forma de home; polo cal, tamén por esta razón, parece que a alma é algo inmortal”.
Platón, Fedón 72e-73a
“Deste modo, debido a que os nosos sentidos nos enganan ás veces, decidín dar por suposto que non hai ningunha cousa que sexa tal como eles nola fan imaxinar…, rexeitei como falsas todas as razóns que aceptara antes como demostracións…, tomei a determinación de finxir que todas as cousas que xamais entraran no meu espírito non eran máis verdadeiras cás ilusións dos meus soños. Pero, inmediatamente despois, decateime de que mentres eu quería pensar deste xeito que todo era falso, resultaba de todo punto necesario que eu, que o estaba pensando, fose algo. E decatándome de que esta verdade: penso, logo existo, tiña tal grao de firmeza e seguridade que todas as máis extravagantes suposicións dos escépticos non eran capaces de facela vacilar, xulguei que podía recibila sen escrúpulos como o primeiro principio da filosofía que eu buscaba.”
DESCARTES, Discurso do Método, cuarta parte.
“Coas súas dúas divinidades artísticas, Apolo e Dioniso, enlázase o noso coñecemento de que no mundo grego subsiste unha antítese enorme, en canto a orixes e metas, entre a arte do escultor, arte apolíneo, e a arte non-escultórica da música, que é a arte de Dioniso: estes dous instintos tan diferentes marchan un ao lado do outro, case sempre en aberta discordia entre sí e excitándose mutuamente a dar a luz novos e cada vez máis vigorosos, para perpetuar neles a loita de aquela antítese…”
Nietzsche, O nacemento da traxedia
No Hay Comentarios »
Aquí tendes todos os tópicos que se corresponden cos principais autores estudados ao longo do curso. O exame de recuperación final terá estes contidos.
PLATÓN
DESENVOLVEMENTO
1.- A Teoría platónica das ideas.
2.- A Teoría do coñecemento en Platón.
3.- A antropoloxía platónica.
4.- Teoría da natureza: o cosmos platónico.
5.- Ética platónica: a virtude e a purificación da alma.
6.- A política: clases sociais e formas de goberno.
ARISTÓTELES
DESENVOLVEMENTO
1.- Un novo enfoque filosófico fronte ó platonismo.
2.- Teoría da natureza: Hilemorfismo e explicación do cambio.
3.- A antropoloxía aristotélica.
4.- A ética: a virtude e a felicidade.
5.- A política: orixe da sociedade e formas de goberno.
TOMÁS DE AQUINO
DESENVOLVEMENTO
1.- O aristotelismo en Tomás de Aquino.
2.- Teoría do coñecemento: abstración e realismo moderado.
3.- O problema de razón e fe.
4.- Demostración da existencia de Deus: as cinco vías e a súa estrutura.
5.- A lei: lei eterna, lei natural e lei positiva.
N. MAQUIAVELO
DESENVOLVEMENTO
1.- Novo contexto cultural: Humanismo e Renacimiento.
2.- O poder e o realismo político.
3.- A ética e a política: a razón de Estado.
R. DESCARTES
DESENVOLVEMENTO
1.- O problema do método e o proxecto cartesiano.
2.- A Dúbida metódica e a primeira verdade: o cogito.
3.- Existencia de Deus e a veracidade divina.
4.- Teoría da substancia: substancia pensante e extensa.
I. KANT
DESENVOLVEMENTO
1.- Kant e a Ilustración.
2.- El criticismo kantiano como síntese superadora do racionalismo e do empirismo.
3.- O problema da metafísica en Kant.
4.- A estética trascendental: as intuicións puras e as matemáticas.
5.- A analítica trascendental: as categorías e a física.
6.- A ética formal kantiana e os postulados da razón práctica: liberdade, inmortalidade da alma, existencia de Deus.
K. MARX
DESENVOLVEMENTO
1.- O significado da alienación en Marx e as súas formas.
2.- Materialismo e dialéctica na base do materialismo histórico.
3.- O materialismo histórico.
4.- A crítica da economía política capitalista.
F. NIETZSCHE
DESENVOLVEMENTO
1.- Crítica da cultura occidental (metafísica, moral e relixión).
2.- O Nihilismo e a transmutación de valores.
3.- A vida e a vontade de poder. O apolíneo e o dionisíaco.
4.- O Superhome e o “eterno retorno”.
No Hay Comentarios »
Hai moitas formas de comentar un texto, pero creo que moitas veces estades perdidos á hora de comentar un filosófico. Expoñereivos a miña suxerencia (unha entre tantas, pero que a min me ten dado resultado).
1. Facer unha lectura suliñando os termos claves do autor ou as expresións ás que debemos facer referencia. Así imos adiantando traballo á hora de comentar. Se temos que ler dúas, tres veces, non pasa nada, ao non ser filósofos, é lóxico que nos custe traballo acabar de comprender ben un texto. Non vos preocupedes por iso.
2. Contextualizar o autor e obra a comentar. Falar un pouco do contexto histórico do autor (século, acontecementos principais da época que influiron nel) e dar unhas pinceladas sobre a vida (ollo: lugar de nacemento, estudios que cursou e información relevante e significativa (non se trata de facer un detallismo extremo, só o máis importante).
3. Metémonos xa máis no texto e identificamos a idea principal (como xa suliñamos o máis importante, estamos en condicións de poder poñer unha frase coma: “A idea principal do presente texto é…“). A partir desta idea principal podemos ir vendo qué cousas se relacionan con ela (contidos básicos do autor, teorías). Xa podemos ir expoñendo a que se refire o autor, analizando as implicacións da idea principal e ir as ideas secundarias. Hai textos onde se ve claramente que ten dúas, tres partes ou as que sexa, pois decímolo (no caso das argumentacións sabedes que hai premisas e conclusión, pois decímolo). A esto chámaselle análise estructural (da estructura). Atención: un non pode esquencerse de que está comentando un texto en concreto e hai que facer, cando veña a conto referencia ao texto (frases tipo: “como manifesta Marx/Nietzsche nas liñas 3-7 do texto”).
4. Hai que dedicarlle importancia ao que di o autor mais facer referencia ás influencias ou contraposición con outros autores. Ás veces hai claras referencias a outros autores, outras temos que pensalo, pero é preciso facer referencia a outros autores estudados ao longo do curso.
5. Para finalizar, faremos unha valoración crítica persoal do texto. Criticar non significa necesariamente estar en contra do autor nin do que di o texto, podemos estar dacordo (e valorar a importancia do autor) ou podemos sinalar problemas que xurden nas súas teorías ao levarse a práctica ou o que sexa. Hai que ter coidado é ser prudentes á hora de valorar críticamente aos autores, dádevos conta de que vos non os coñecedes en profundidade, non se pode ser moi radicais. O meu consello é ser prudentes, críticos, pero non salvaxes, por moi mal que nos caia o autor. Sinalar inconvenintes, sí, problemas, tamén. Pero elegantemente. Esto dígoo porque nunca sabedes quen vos vai correxir cando fagades as PAAU, se un é prudente, non vai ter nunca problemas. No exame do luns, podedes dar renda solta á vosa imaxinación, non vos censuro. Pero o meu consello é que nas PAAU sexades “correctos” nas formas. Se acabades o comentario decindo que o filósofo tivo moita relevancia ou a ten na actualidade (o marxismo tivo unha importancia moi grande e Nietzsche (algúns aspectos) foi moi influínte para a nosa época actual (filósofos actuais que se chaman posmodernos). Pois así rematariades moi ben.
Resumindo:
1. Ler e suliñar.
2. Contextualización da vida e obra.
3. Análise das ideas principais.
4. Relación con outros autores.
5. Valoración crítica.
No Hay Comentarios »
Se vedes que hai algo que non entendedes, non dubidedes en consultarmo. Tedes na pestaña de “contacto” a miña conta de correo.
Moito ánimo co estudo!
Agardo que os materiais deste blog vos axuden a comprender un pouco mellor a cada un dos autores. Non deixan de ser resumos, das cousas das que falamos na clase, vistas cun pouco máis de profundidade.
Recordade que de Nietzsche só entra o que demos na clase. Acabarei de explicar o tema a semana que vén.
No Hay Comentarios »
Esta é unha das concepcións máis extrañas de Nietzsche, que ao igual que a “vontade de poder” está bastante desdibuxada en varias obras, de forma metafórica (como el adoitaba a escribir). Para entendelo temos que pensar na concepción lineal do tempo: hai unha orixe (a Xénese, para os cristiáns) e hai unha fin (Apocalipse, Xuizo Final). Esto podemos pensar que foi sempre así mais non é certo. A linealidade do tempo débese á relixión xudeo-cristiana. Os gregos (Pitágoras, Heráclito, Platón) tiñan unha concepción cíclica do tempo. Algo que a nós nos queda moi lonxe e que non acabamos de comprender ben. Pois Nietzsche, xa podedes imaxinar, vai soster unha concepción cíclica do tempo, onde todo se repite.
¿En qué consiste o eterno retorno? Consiste en aceptar que todos os acontecementos do mundo, todas as situacións pasadas, presentes e futuras se repetirán eternamente. É unha hipótese para reivindicar radicalmente a vida: facer que o instante que vivimos dure eternamente porque se repite sen fin. Nietzsche lanza unha pregunta ao superhome: “¿queres isto outra vez e aínda infinitas veces?” (A gaia ciencia, aforismo 341).
Esta metáfora ten unha dobre dimensión: cosmolóxica e ética:
a) Cosmolóxica: A realidade no seu conxunto devén nun eterno percorrido circular e cada círculo repide exactamente a cadea de acontecementos que configuran o cosmos. O conxunto de actos da vida de cada ser humano repetirase eternamente no futuro, igual que se viñeron repetindo eternamente no pasado. É dicir, a realidade é devir, e o devir é vontade de poder, poder que abrangue todo o real. Un tempo lineal limitaría o poder. Habería unha fin, logo non habería vontade de poder. Pola contra, nun devir circular non hai pasado, pois o pasado vai volver a repetirse, nin futuro, pois xa sucedeu no pasado. Se non hai pasado nin futuro, é que só hai presente, sen limitación ningunha. Nun devir circular non hai nada que escape á vontade de poder, pois todo o que esta pode está sendo no presente: todo instante inclúe a totalidade plena da vontade de poder. Así confíreselle ao presente, ao “estar vivindo” unha importancia nunca antes acadada, así cada instante pode vivirse na súa plenitude.
b) Dimensión ética: trátase da esixencia de facer de cada instante expresión da plenitude de vida, para que estes se repitan (para que se repita a ledicia e non a resignación de espírito). Facer, doutro modo, dos instantes da vida, dignos de seren repetidos. Daí a pregunta que Nietzsche fai o superhome.
Como vedes, Nietzsche recolle a idea cíclica do tempo grego e dalle unha dimensión cosmolóxica e ética.
O asunto crucial consiste en que queiramos vivir o presente, como se este se fose a repetir. Facer da vida algo digno de ser vivido. Algo que queremos vivir.
O eterno retorno está relacionado coa vontade de poder, co superhome e coa crítica á cultura occidental.
No Hay Comentarios »
Falabamos da morte de Deus, da necesidade de que el perecera para nós ser donos da nosa vida e non rendirlle contas. Nietzsche elimina a trascendencia polo que ela conleva: a existencia dun máis aló, o menosprezo da vida terreal… Pero ¿cal é a razón pola que é necesario eliminar a trascendencia? Para que naza un home novo.
¿Qué é un home novo? Un home que acepte vivir dacordo cos valores da vida, co sentido da terra (os sentimentos, as emocións, a vontade de poder…). Este home novo rexeitará a moral de escravos, a conducta do rebaño, será contrario ao igualitarismo, etc. Tamén caracteriza a este novo home o feito de aceptar e amar con intensidade a vida coas súas contradiccións. O superhome é aquel que afirma a vida coas súas contradiccións: acepta o positivo e o negativo tamén. Non se consola coa existencia do máis aló, nin coas promesas de felicidade que supón. Vive na finitude e afirma a finitude. A vida remata coa morte, pensa o superhome, hai que vivir intensamente esta vida. É, en definitiva, unha chamada a aceptar o feito de que a vida que temos é esta e só esta e a facernos donos dela e ampliar constantemente as nosas posibilidades.
Se non existe Deus, o superhome convértese dalgún xeito no dono da súa vida e porén, nun deus, mais nun deus terreal (que afirma os valores terreales da vida). O superhome é un espírito libre (xa que se desfixo da trascendencia, pode ser libre). Así pensa Nietzsche.
No Hay Comentarios »
A vontade de poder é unha forma de concibir a realidade. É o principio básico a partir do cal se desenvolven todos os seres. É a forza primordial que busca manterse no ser e ser ainda máis. Imos intentar explicalo doutra maneira: todos queremos ser, queremos vivir, queremos ser sempre máis, é dicir temos un afán de existencia. Aos animais pásalles o mesmo, tamén queren vivir (ainda que ao non ter conciencia de sí, non queren conscientemente ser, é algo instintivo). A natureza fai que os seres vivos, como é lóxico queiran sempre ser e ser máis. É unha forza natural. Esto supoño que non vos di gran cousa. Mais tendes que ter na cabeza a importancia do concepto de vida en Nietzsche. A vontade de poder está relacionado co concepto de vida do vitalismo nietzscheano.
Ademáis de querer ser, a vontade de poder está relacionado co poder dos creadores (os artistas, entre eles). Un artista quere ser, ten vontade de poder, quere expresar os seus sentimentos, a súa forma de ver a vida… Pero non pensedes que esta vontade de poder é unicamente cousa dos artistas. É só un exemplo. Animais e humanos participamos desta vontade de poder. É unha forza natural, como se dixo, que, dalgunha forma nos fai semellantes aos demais seres vivos.
Hai unha parte un pouco negativa desta idea. A vontade de poder oponse á vontade de igualdade. Esto ten o seu perigo (de feito os nazis usaron esta idea da vontade de poder para lexitimar as súas accións e o sometemento do pobo xudeo). Trátase dunha mala interpretación do que Nietzsche quería dicir. Nietzsche fala dos fortes, sí. Da vontade de poder, tamén. Mais non lexitima a aniquilación dun pobo. Ainda que a súa filosofía é conservadora en moitos aspectos, non significa que Nietzsche sexa nazi. Eso téndeo claro. Unha cousa é o que o filósofo di, outra ben distinta o uso que da súa filosofía se fai.
Nietzsche é unha figura que serviu para as máis diversas posicións: os nazis para ter unha xustificación da súa política de exterminio das razas consideradas inferiores (xudeos, negros…) e a moitos pensadores progresistas para valorar a vida terrenal, o irracional, os sentimentos o propiamente humano, etc.
Hai que ser crítico coas interpretacións que se deron da súa filosofía. Pódenos caer mal (a algún de vos non vos convence en absoluto) e facerlle críticas (dedicareille un apartado crítico) ou caer ben (e aceptar algo do que di). En todo caso convén non ter prexuizos que nos impidan comprendelo e estudalo (recoñecéndolle importancia a algunhas das cousas que di).
O problema é que o concepto de “vontade de poder” aparece nos primeiros escritos de Nietzsche e non acaba de precisalo ben. De aí que se malinterpretara intencionadamente. Quizáis precisaríamos ter a Nietzsche diante e preguntarlle qué quería dicir realmente. Pero como iso non é posible, quedarémonos coa idea de que todos os seres vivos queremos perseverar no ser. Algo momi sinxelo. Ao fin e ao cabo, tan só fala da natureza, das forzas naturais que nos atravesan.
No Hay Comentarios »
Nietzsche tivo unha profunda formación de filólogo, como xa sabemos. Estudou, como é obvio, a cultura clásica grega e as súas manifestacións artísticas. Centrouse nas traxedias gregas e delas extraiu unha serie de ensinanzas. En primeiro lugar, que na traxedia se manifestan dúas forzas, dous valores, dous polos, dous deuses.
Por unha banda está o culto ao deus Apolo. Apolo simbolizaba a orde, a medida, a proporción, o equilibrio, a serenidade, a luz, a armonía racional. Era moi venerado en Delfos. Era a base da arte figurativa. Na traxedia estaría identificado coa escenificación.
Por outra bnda está o culto ao deus Dionisos (ao que os romanos chamarán Baco). É o deus do viño (porén da borracheira), da fecundidade, da saúde, da forza instintiva, paixonal, o deus da natureza e as súas forzas. Na traxedia estará identificado co coro.
Na traxedia pois hai dúas forzas contrarias –antitéticas- que se unen e loitan ao longo da representación.
Para Nietzsche a traxedia vén a ser unha forma de representación da vida mesma. Na vida existen tamén a loita de contrarios: a vida e a morte, a felicidade e o sufrimento, a saúde e a enfermidade… A vida é agridoce, noutras palabras.
Preguntarédesvos a qué vén isto de falar da traxedia no século XIX. Xa sabemos a importancia da arte en Nietzsche. Tamén sabemos algo da súa vida, en concreto, das enfermidades que padeceu ao longo da mesma… Sabemos que o concepto fundamental sobre o que se asenta a súa filosofía é a vida (razón pola que se denomina vitalismo ao seu pensamento). Porén a misión de Nietzsche e tratar de ver cómo é a vida, en qué consiste. E esto faino a través da análise da traxedia grega. A traxedia grega, digámolo unha vez máis, é unha clara manifestación das forzas que subxacen (que están por debaixo) da vida. A vida é tráxica.
A análise da traxedia fai que Nietzsche se dea conta dunha cousa: ao longo da historia da filosofía occidental sempre predominou o espírito apolíneo. A filosofía é a razón, a medida, a orde… desde Sócrates e Platón sucedeu así. Sócrates e Platón son pois culpables de obviar (de non facer caso, de pasar de) o espírito dionisíaco. Esto conleva que se deixe de lado unha parte relevante da vida, porén é un erro. Un erro máis á lista de erros que estamos vendo.
Nietzsche tivo bastantes problemas cos seus colegas filólogos ao analizar a traxedia grega. As súas teses contradicían o que estaba formalmente aceptado. Ademáis alonxábase un pouco da filoloxía estricta para se meter no terreo filosófico.
¿Qué temos que extraer de todo isto? ¿Qué conclusións?
- O erro prodúcese a partires da filosofía socrático-platónica e chega ata o século XIX. Dádevos conta que Platón vive no século IV a.C. Así que o erro foi durante toda a historia da filosofía: Apolo gaña a Dionisos a partires da filosofía platónica.
- Non facer caso do espírito apolíneo conleva non facer caso dunha parte da vida (a parte negativa).
- A vida é unha loita entre contrarios (orde e desorde, saúde e enfermidade…).
- A traxedia grega chega a unha mellor comprensión do que é a vida que a filosofía de Platón.
- Só se recupera o espírito dionisíaco coa música de Wagner e a filosofía de Schopenhauer (século XIX).
A obra na que expón todo isto é O nacemento da traxedia (1872).
No Hay Comentarios »
Acabamos de ver cales son as críticas que Nietzsche efectúa á cultura occidental na súas vertentes (filosofía, ciencia, moral e relixión). Quedabamos en que o nihilismo de Nietzsche era activo. Ben a partir de agora veremos en qué consiste a súa proposta. Comezaremos pola transmutación dos valores. ¿Qué significa “transmutación”? Mudar ou convertir algo en outra cousa. O que imos analizar é en qué muda, en qué se converten os valores.Vamos a expoñelo esquemáticamente nunha tabla:
| Defende |
Rexeita |
| Exaltación da vida |
Mundo trascendente |
| Valores fortes e nobres (guerreiros e heroes): orgullo, forza, xerarquía… |
Valores dos débiles (compaixón, humildade, igualdade, caridade…) ou moral de rebaño |
| Morte de Deus |
Existencia dun ser trascendente |
| Irracional, instintivo |
Razón, a medida |
| Azar |
Necesidade, finalidade trascendente |
| Valores dionisíacos |
Valores apolíneos |
A transmutación dos valores consiste nunha inversión dos valores vixentes na cultura occidental.
No Hay Comentarios »
Crítica á cultura occidental: a relixión xudeocristianaa) A relixión.
A crítica que Nietzsche efectúa á relixión é moi sinxela. A relixión (el centrarase na dominante de occidente: a xudeocristiana) cre na existencia dun mundo trascendente (que está máis aló deste) perfecto. ¿Cal é o inconvinte que ve Nietzsche? Pois o seguinte: o postular a existencia dun mundo perfecto alén o mundo terrenal, o que acaba sucedendo é que se menospreza este (imperfecto (existe o mal no mundo, o ser humano é mortal…). Sucede un pouco como no platonismo ao falar do mundo das ideas separado deste mundo. Se a un se lle otorga a perfección e a outro imperfección, está claro que se vai a desprezar o menos perfecto. Ademáis a relixión defende unha directriz externa á propia vida humana, é dicir: Deus. A existencia dun ser trascendente conleva que hai alguén por riba do individuo, alguén que o goberna, alguén a quen obedece e lle dicta unhas máximas morais. Con isto o home perde o seu papel dentro do mundo, quedando na mera sumisión a Deus.
Outra cousa que Nietzsche ataca será a linealidade do tempo que mantén a relixión: onde hai un comezo e unha fin do mundo. Esto pódenos resultar un pouco extraño, pero hai que saber unha cousa: os gregos teñen unha concepción do tempo circular, onde despois dun ciclo, todo volve a comezar. Os cristiáns, non. Para os cristiáns o tempo tivo un comezo, non é eterno, desde sempre. Cando vexamos o tema do Eterno retorno, analizaremos o que propón Nietzsche a este respecto.
Nietzsche, verémolo en breve, vai defender a Morte de Deus, para devolver ao ser humano o seu poder creador.
b) A moral
Por outra banda, a relixión –segundo Nietzsche- defende unha moral de escravos e valores débiles: a resignación, obediencia, dor, compaixón, caridade… Nietzsche vai propoñer unha moral de señores, é dicir, vai facer unha inversión dos valores tradicionais da relixión xudeocristiana (esto verémolo máis adiante, cando analicemos a transmutación dos valores). A relixión xudeocristiana é a relixión do resentimento, da angustia… por iso se “inventa” o máis aló, a esperanza dun mundo mellor e máis perfecto. Eso pensa Nietzsche. A relixión é platonismo para o pobo.
Decir por último que a relixión é antivital (porque se centra no máis aló e non valora como debera esta vida).
No Hay Comentarios »
Os tópicos son os enunciados que acompañan aos textos das PAAU.
Eu céntrome neles para o exame. Ainda que son preguntas en ocasións grandes, tendes que por o esencial, sempre sintetizando o máis importante. A pregunta de exame pode ser só unha parte do enunciado.
Acordádevos de mirar os textos de Marx do blog e os de Nietzsche que din na clase.
Marx:
1. O significado da alienación en Marx e as súas formas.
2. Materialismo e dialéctica na base do materialismo histórico.
3. O materialismo histórico
4. A crítica da economía política capitalista.
Nietzsche:
1. Crítica da cultura occidental (metafísica, ciencia, moral e relixión).
2. O nihilismo e a transmutación de valores.
3. A vida e a vontade de poder. O apolíneo e o dionisíaco.
4. O superhome e o “eterno retorno”.
No Hay Comentarios »
A crítica á ciencia é un pouco parecida á crítica á metafísica, no sentido que hai unha relación entre ambas.
Nietzsche vainos dicir que non hai obxectividade como pretende a ciencia, xa que o suxeito engade cousas no coñecementos (sempre engade unha emoción, un sentimento, certa perspectiva (non é igual o coñecemento que temos do mundo de todos os humáns, cada un ve o mundo desde a particularidade da súa vida). Os científicos o que tratan é de dicir que hai un único coñecemento do mundo posible: o da ciencia. Sen embargo a nosa experiencia é ben distinta. Se antes dixemos que a razón non capta a realidade, agora témolo que volver a repetir. Nietzsche está en contra da matematización do real, é dicir, en contra do intento de cuantificar a realidade, medila, poñela baixo o noso dominio, ata tal punto que chega a dicir que as leis naturais son invencións humanas.
Mais se o de Nietzsche é un nihilismo activo, terá que propoñer algo. Isto que propón é a metáfora e o sentimento (en contraposición ao concepto e a medida), noutras palabras: a arte como medio de coñecemento. Aquí podedes de novo apreciar unha influencia do Romanticismo e máis dun filósofo que non coñecedes moito que se chama Schopenhauer. Simplemente quedádevos coa idea de que a ciencia non é un medio axeitado para a comprensión da realidade e da vida. ¿Cómo podería a ciencia falar do humano? ¿Cómo do irracional? ¿Dos sentimentos, das emocións? Por aí van as críticas de Nietzsche. A ciencia non recolle, é incapaz, a vida.
No Hay Comentarios »
O punto de partida é a crítica á cultura occidental, como apuntamos antes. Vexámolo por partes.
- A crítica á metafísica (á filosofía).
A crítica que Nietzsche verte sobre a tradición occidental será cara dous filósofos estudados durante o curso: Sócrates e Platón. ¿Por qué contra eles? Pois polo que o filósofo alemán tacha de erros:
a) Conciben o ser coma inmutable (esto está en relación coa herdanza e influencia que reciben de Parménides). Que o ser sexa inmutable, en Platón: idea, significa que o devir é mera apariencia. Para entender mellor isto acordádevos da contraposición que se producía entre as posturas de Parménides (o movemento é mera apariencia) e Heráclito (todo flúe, nada permanece). Platón estaría na liña de Parménides, se ven nos seus últimos diálogos a postura platónica se matiza e trata de introducir unha explicación do movemento. Quedádevos coa idea de que o ser é inmutable. Esto é o que incomoda a Nietzsche xa que vai co principio do movemento e transformación tan característica da filosofía nietzscheana.
b) Cren na existencia doutro mundo, separado deste. ¿Cal é o problema que ve Nietzsche nisto? Pois o feito de que se existe outro mundo, máis verdadeiro ca este, este mundo, o mundo terrenal (en Platón: o mundo sensible) queda menosprezado e devaluado (vai ser o mundo da apariencia, o mundo do menos perfecto). Se a interese de Nietzsche está no concepto de vida (vida terrea) está claro que esto non lle vai senón a producir adversión.
c) Cren tamén que mediante a razón se acada a verdadeira realidade. A razón é a parte máis excelsa (mellor) do humán. Mediante a razón somos o que somos, é o que nos diferencia dos animais. ¿Por qué critica Nietzsche isto? Pois porque este tipo de filosofías dinlle non aos sentimentos, unha parte do ser humán que é desprezada, como inferior. A filosofía de Nietzsche, pola contra, trata de revalorizar o que de emocional ten o ser humano: os sentimentos, as paixóns, o instintivo, o máis irracional, poderíamos chegar a dicir.
d) A tradición socrático-platónica sostén que os conceptos revelan a realidade e a verdade. Os conceptos sérvennos para acadar un coñecemento fiel da realidade que nos rodea, do mundo. ¿Por qué non acepta isto Nietzsche? Porque o concepto é unha ferramenta inadecuada, no sentido de que é unha mera construcción humana e non nos garante a comprensión da realidade. Ao concepto, Nietzsche contrapón a metáfora, xa que ela inclúe unha variedade máis ampla de significados, de intencións… chega, por así decilo, máis lonxe do que o concepto chega. Temos que ter en conta que para Nietzsche, coma bo herdeiro de teses do Romanticismo, cre que a arte é máis adecuada para o aceso á realidade. A arte chega aló onde a ciencia e a filosofía non chega, á comprensión da vida.
Ben, ¿qué di Nietzsche entón? Pois algo moi sinxelo: o mundo é devir, é cambio, é continua transformación. Hai algo que se escapa ao concepto. O que se escapa é a subxectividade de quen coñece, os seus sentimentos, emocións, etc.
No Hay Comentarios »
A filosofía de Nietzsche aborda a titánica tarefa de amosar a mentira radical que, a xuizo do pensador alemán, preside a tradición occidental. Por iso atoparedes nos libros de texto que a de Nietzsche é unha “filosofía da sospeita” (esta expresión débese a Ricoeur, un filósofo do século XX), sospeita xa que desvela que hai algo que ocorre por debaixo das apariencias, un erro de base que fai que todo canto se ergue por riba precise destruirse para comezar de novo. O obxectivo da filosofía de Nietzsche é atacar as bases sobre as que se levanta a filosofía desde os albores da Grecia clásica (desde Parménides, seguido por Sócrates e Platón, continuado na Idade Media, chegando á modernidade co racionalismo e Kant e cristalizándose finalmente na filosofía de Hegel (o idealismo absoluto) xa no século XIX). É dicir, toda a tradición da filosofía occidental. O que temos que descubrir é cal é o erro de raíz. Temos que facer referencia a un feito suliñable ao falar da filosofía de Nietzsche. A tarea filosófica deste filósofo ten unha dobre vertente:
1) Unha vertente negativa, de crítica dos principais conceptos da relixión, a filosofía, a ciencia e a moral que tradicionalmente serviron para explicar o mundo na cultura occidental.
2) Unha vertente positiva, o intento de comprensión e explicación da vida como o trasfondo profundo do que todo xurde.
É dicir, como falamos na clase, hai que suliñar a diferencia dun mero nihilismo pasivo (que quedaría na crítica e destrucción do anterior e incapacita para o actuar) e un nihilismo activo (que propón unha inversión dos valores tradicionais, unha nova formulación das preguntas da filosofía e un novo modo de comprensión da realidade).
Nihilismo provén da raíz latina “nihil”, que significa “nada”. O nihilismo é unha forma de pensamento que parte da negación da realidade: nada existe. Se o escéptico dubidaba que se poidera acadar a realidade (o seu coñecemento), o nihilista négaa tallantemente. É unha postura extrema, con consecuencias, como veremos, sorprendentes.
No Hay Comentarios »
Hoxe pola tarde, venres 16 de maio, colgarei todos os resumes que nos faltan de Nietzsche e as preguntas de exame de Marx e Nietzsche. Traterei de telo todo listo antes das 21horas. Creo que vos da tempo a estudalo ben, e isto vai especialmente dirixido para os máis vagos da clase . Un pouco de esforzo, que é máis sinxelo que Kant. Xa veredes como non é moi difícil (tampouco chupado, ollo). Recordade que os resumes son resumes e o libro de texto tamén ten que ser lido, para comprender máis e mellor as cousas e ampliar.
No Hay Comentarios »
[youtube]http://es.youtube.com/watch?v=alHu-nGqDHY[/youtube]
Friederich Nietzsche naceu en 1884 en Röcken (Alemaña). O seu pai era pastor luterano. Aos catorce ingreso una Escola Media de Pforta onde recibiu unha sólida formación filolóxica, e máis tarde ingresa na Universidade de Bonn, para estudar filoloxía e teoloxía. Na súa vida estableceu amizade con Richard Wagner. Faise catedrático de filoloxía da Universidade de Basilea. En 1872 publica a súa primeira obra: O nacemento da traxedia no espírito da música. Enfermo, en 1879 abandoa a Universidade de Basilea, que lle asigna unha pensión, e comeza unha vida errática por cidades suizas e italianas, adicado exclusivamente á escritura. Acaba sendo ingresado nun psiquiátrico, onde falece en 1900.
[youtube]http://es.youtube.com/watch?v=IImhchDkHIk[/youtube]
Richard Wagner foi un famoso compositor alemán (22 de mayo de 1813, Leipzig – 13 de febrero de 1883, Venecia) . A obra de Nietzsche vai estar moi unida á música wagneriana ata a súa enemistade producida trala composición dunha peza: Parsifal (1877), que Nietzsche tacha de antivital e cristiá. De feito vai escribir un libro que levará o nome de “O caso Wagner. Nietzsche contra Wagner”. No video podedes ver cómo comeza Die Walküre (As Valkirias), composta en 1852. Ainda eran amigos.
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Marx
O significado da alienación en Marx e as súas formas.
“Feuerbach parte do feito da autoalienación relixiosa, do desdobramento do mundo en dous, un relixioso e outro terreal. A súa tarefa consiste en reducir o mundo relixioso ó seu fundamento terreal. Pero o feito de que o fundamento terreal se separe de si mesmo e se afinque nas nubes como reino independente, tan só resulta explicable a partir do desgarramento interno dese fundamento terreal de si mesmo. Faise, pois, necesario non só comprendelo na súa propia contradición, senón tamén sometelo na práctica a unha revolución. Unha vez que descubramos na familia terreal, por exemplo, a clave para entender a familia sagrada, faise necesario aniquilar a primeira, de forma teórica e práctica”.
MARX, K., XI Teses sobre Feuerbach, IV. (PAAU xuño 2006)
O materialismo histórico.
“Na produción social da súa existencia os homes entran en determinadas relacións, necesarias, independentes da súa vontade, relacións de produción que corresponden a un determinado grao de desenvolvemento das súas forzas produtivas materiais. A totalidade destas relacións de produción constitúe a estrutura económica da sociedade, a base real sobre a que se levanta unha superestrutura xurídica e política á cal corresponden determinadas formas de conciencia social. O modo de produción da vida material determina o proceso de vida, de vida social, política e espiritual en xeral. O que determina o ser dos homes non é a súa conciencia, senón que, inversamente, é o seu ser social o que determina a súa conciencia”.
C. MARX, Contribución á Critica da Economía Política, prólogo (PAAU setembro 2006)
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Marx
O materialismo histórico é unha teoría sociolóxica que parte dunha base empírica. Ainda que non foi formulado sistemáticamente, si se ve en versión fragmentaria en varios dos seus escritos (A ideoloxía alemana ou Contribución á crítica da economía política). O materialismo histórico é considerado coma un método de análise da realidade social.
En primeiro lugar, para comprender o sentido do materialismo histórico, temos que ver en que consiste o feito de que sexa materialista esta concepción marxista. Que sexa un materialismo oponse claramente á forma de entender a realidade de Hegel –o idealismo absoluto. Para Hegel o primeiro era a idea, logo a materia. A inversión marxiana consiste en colocar primeiro a materia e facer xurdir daí a idea. Doutro modo, non se explica o ser humano pola conciencia senón pola pertenza á clase social que en última instancia se determina pola forma de traballo. Son as condicións materiais as que determinan a vida dos homes.
O materialismo histórico está influido en certa medida polo método de Darwin e o positivismo reinante no século XIX. Trátase dunha concepción evolucionista da sociedade. Comprender a evolución dunha sociedade implica coñecer a evolución da economía. O motor da historia sería a economía. Doutro xeito, o que se propón Marx é buscar na relación do home coa natureza (o traballo) a lei da evolución da sociedade.
A vida e a sociedade consiste na loita entre as forzas de producción e as relacións de producción. Prodúcese unha loita que acaba cambiando leis, ideoloxías, valores. Esta é a dialéctica que se crea na producción. Marx fala dunha totalidade que avanza coas súas propias leis nun sentido interno á evolución histórica, onde o capitalismo é un momento necesario da historia que sería reemprazado polo comunismo na etapa seguinte. O motor desta concepción histórica sería a producción.Vexamos máis detidamente a diferenza entre forzas de producción e relacións de producción:
a) Forzas de producción: son a forza de traballo, a maquinaria, a enerxía, as materias primas.
b) Relacións de producción: xorden como consecuencia do traballo ou producción. Hai unha serie de divisións que teñen unha proxección social (o inxeneiro/obreiro ségueo sendo fóra do traballo, é dicir, a división técnica do traballo produce divisións sociais).
Pois ben, o factor determinante da historia é a relación entre as forzas productivas e as relacións de producción. A historia consiste, en definitiva, no proceso real da producción material da vida. O motor da historia é a contradicción entre as forzas productivas e as relacións de producción, ou o que é o mesmo: a loita de clases.
Vexamos agora a diferenza entre infraestructura e superestructura:
a) Infraestructura: é a base material da sociedade, que inclúe as forzas productivas e as relacións de producción. A infraestructura ou estructura social é a base real sobre a que se asenta a sociedade. Ela condiciona as formas de pensar, de entender a historia, a filosofía, a sociedade. Máis claramente: a economía condiciona a superestructura.
b) Superestructura: é o conxunto de elementos destinados a xustificar a situación de dominio, e que se manifestan no campo xurídico, histórico, político ou filosófico. A realidade material produce a súa propia ideoloxía: un sistema de representacións do mundo (onde se inclúen a filosofía, relixión, dereito, moral, arte…) que emprega a clase dominante para lexitimar a súa posición privilexiada frente ás clases oprimidas.
Marx entende a ideoloxía dun modo amplo. As ideoloxías non describen ao home e a súa situación no mundo e a sociedade dun modo correcto, senón dun modo deformado, falso. Esa deformación é consecuencia do interese da clase dominante por manterse na sú situación de dominio. As ideoloxías son un producto social, son consecuencia da orde económica vixente. Outros conceptos claves que se insertan neste epígrafe e que lle servirán a Marx para verter a súa crítica á sociedade capitalista, serán os de plusvalía, valor de uso e valor de cambio.A plusvalía prodúcese porque o valor que produce o traballador non é igual ao seu salario, o que implica que hai unha ganancia do capitalista, ao que se chama plusvalía (a diferencia, en definitiva, entre o que custa a forza de traballo e o valor da mercadoría no mercado). Esta plusvalía pode aumentarse prolongando a xornada laboral do traballador (plusvalía absoluta) ou reducindo o traballo necesario para facelo (aumentando a productividade do traballador ou ben sustituíndoo por máquinas), chamándose entón plusvalía relativa.
Marx parte de que todo o sistema productivo capitalista se centra no concepto de mercadoría, é dicir, cousa elaborada en vistas ao seu intercambio. Para o capitalista todas as cousas son mercadorías. As mercadorís teñen dous valores:
a) O valor de uso: que é o que permite satisfacer certas necesidades.
b) O valor de cambio: que é puramente cuantitativo, medido en diñeiro. Sería o valor social do producto medido en horas/home necesario para producilo. O valor de cambio depende da lei da oferta e demanda.Na economía mercantil domina o valor de uso, e a súa fórmula de cambio é M-D-M’ (mercadoría-diñeiro-mercadoría). Na economía capitalista domina o valor de cambio, o diñeiro é un fin en si mesmo e a mercadoría serve para obtelo. A fórmula é D-M-D’ (diñeiro gastado-mercadoría-diñeiro ganado).As plusvalías súmanse e xeran o capital, traballo acumulado. Todo capital xera capital. O que acontece na economía capitalista é que o capital se concentra cada vez en menos mans. Esto conleva que aumente o proletariado, cada vez máis empobrecido.Está claro que unha sociedade así é insostible. Para chegar ao advenimento do comunismo habería tres momentos ou etapas:
a) Dictadura do proletariado: O proletariado toma o poder a través da revolución, e fai que os medios de producción se colectivicen, pasando a ser de todos os traballadores e non só do capitalista como ata entón. O proletariado, toma, por así decilo, as rendas do poder. Prodúcese a socialización dos medios de produccion e a supresion da alienación económica consecuente.
b) Socialismo: hai unha planificación económica única e central. O lema é a cada un segundo o seu traballo.
c) Comunismo: consiste na extinción do estado. O lema é a cada un segundo as súas necesidades. O “soño” marxista sonsiste nunha sociedade na que todos e cada un teña o preciso para vivir dignamente.
O argumento clave para comprender o materialismo histórico, que resume perfectamente en qué consiste, é o seguinte:
1. A alienación xurídica, política, relixiosa é consecuencia da alienación económica.
2. A alienación económica é consecuencia da propiedade privada dos medios de producción.
Porén, para acadar unha sociedade non alienada faise necesaria a abolición da propiedade privada dos medios de producción.
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Marx
Alienación vén do latín “alienus”, que significa alleo, ou o que é o mesmo, non estar en posesión de si mesmo.O concepto de alienación xa estaba presente en Hegel e Feuerbach. Marx recólleo e dalle un valor se se quere, máis profundo.Comecemos expoñéndo o que significa a alienación económica, a que vai ser principal á hora de verter a crítica ao sistema capitalista.
A Alienación Económica
No que ao ámbito da economía se refire, Marx vai ver que existen catro tipos de alienación:
a) Con respecto á natureza, en primeiro lugar, xa que non lle pertence ao traballador a materia prima que transforma co seu traballo, senón ao capitalista. Élle pois a natureza, allea, unha cousa extraña.
b) Con respecto ao traballo. Só uns poucos posúen os medios de producción, o resto traballa vendendo o seu tempo (forza de traballo) a cambio dun salario. O traballo é só un medio para satisfacer as necesidades básicas (alimentación, aloxamento…) polo que o traballador se ve forzado a traballar (traballo forzado) para vivir. A actividade do obreiro pertence ao capitalista, é el quen ten os beneficios, non o traballador.
c) Con relación ao producto do traballo. Éste arrebátaselle ao traballador, converténdose nun obxecto extraño. O froito do traballo do traballador non lle pertence, pertence ao capitalista (que será quen o venda).
d) Con respecto aos demais seres humanos. Debido á competencia xerada entre traballadores, cada un faise un extraño e un inimigo para os demais. Trátase do que se denomina unha cosificación das relacións humanas, as personas son tratadas coma medios e non coma fins en si mesmos. A dignidade da persoa pérdese no feito mesmo de traballar, debido a estas condicións alleantes. A persoa convértese nunha mercadoría máis, nun obxecto intercambiable por outro.
Ben, para Marx a alienación social e a relixiosa son formas derivadas da alienación económica.
No ámbito social, a división en clases –segundo se posúan ou non os medios de producción (capitalistas por un lado, proletariado, por outro)- conleva o recoñecemento ou non de privilexios sociais. Os capitalistas terán todos os privilexios e o proletariado estarán sometidos pola opresión do capitalista. Esto conlevará unha minusvaloración da dignidade do proletariado como persoas e cidadáns.
No ámbito relixioso, Marx considera que as relixións supoñen un medio para manter oprimida a clase máis desfavorecida, o proletariado. O feito de crer nun máis aló onde todos os homes sexan iguais, propicia a resignación con respecto ás condicións que se dan neste mundo, resignación que acaba validando o feito de que as cousas sexan coma son e que a desigualdade se dea no mundo terreal. Ademáis este feito de crer nun máis aló fai que se mitiguen as ganas de transformar as inxustizas que se producen neste mundo. Marx dixo: “A relixión é o opio do pobo”, xa que adormece as súas reivindicacións.
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Marx
O punto de partida da filosofía de Marx, o principal centro de interese vai ser o centramento no ser humán, entendido este como praxe, é dicir, coma acción. E onde o ser humano se vai a conformar como tal vai ser nunha acción determinada: o traballo. O home vai ser comprendido como homo laborans, un ser que se fai a si mesmo mediante a súa acción coa natureza, mediante, repitámolo unha vez máis, o traballo. Non vai ser, como era en Hegel, un ser que vive da contemplación e a teoría, senón un ser que vive na e por a praxe. A esencia do home non é algo abstracto, senón un conxunto de relacións sociais. Polo tanto, o ser humano vive para transformar a realidade, é aí onde reside a súa forza, en devandita transformación. Ao traballar o ser humano convértese no que é, establecendo unha determinada relación coa natureza e cos demais homes da sociedade na que vive. O que vai facer Marx será unha crítica ao sistema capitalista, polo que conleva: unha praxe (traballo) alienado e unha distribución da riqueza desigual (conlevando unha diferenza de clase e explotación e precaridade da clase obreira).Hai que ter en conta que as condicións de traballo do século XIX eran pésimas, a nivel económico (baixos salarios), a nivel de saúde e con xornadas laborais excesivas (de dezaseis, dezaoito horas, traballaban os nenos…). A crítica ao sistema impúñase. O que tratará Marx é de ver cales son as raíces do mal social que se vive, cales son as razóns. Primeiro deterémonos no que significa o concepto de alienación económica, filosófica e relixiosa.
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Marx
O marxismo é unha corrente complexa que bebe de varias fontes. É dicir, ten unha serie de influencias claras que debemos ter en conta ao abordar por exemplo un texto de Marx, no que á contextualización se refire.
Por unha banda, estaría a esquerda hegeliana. No panorama alemán do XIX destaca a figura de Hegel. Trátase da máxima expresión na filosofía do idealismo absoluto. É dicir, a afirmación de que todo é conciencia. Para comprendelo mellor sinalaremos a afirmación hegeliana de que “Todo o real é racional e todo o racional é real”. ¿Qué quere dicir isto? En primeiro lugar, se todo o real é racional, todo canto sucede ten unha xustificación, de xeito que todo está abalado por unha argumentación racional. Aos autores que toman esta primeira parte da afirmación denomínaselles “dereita hegeliana”, para eles todo canto sucede no mundo ten unha razón de ser, doutro modo, o ser coincide co deber ser. Son autores conservadores, coma podemos intuir. Por outro lado, se collemos a segunda parte da afirmación hegeliana, temos que “todo o racional é real” e esto conleva unha praxe liberadora no sentido de que se impón un movemento do deber ser ao ser. Podemos pensar en algo que teña xustificación ou razón de ser e querer levalo á práctica, facelo “real”. Aquí situaríase Marx, na “esquerda hegeliana”. Colle pois, esta segunda parte da afirmación, co gallo de transformar a sociedade.
Na esquerda hegeliana podemos ver á figura de Feuerbach, a quen Marx ten aprecio e de quen toma a noción de alienación relixiosa, a parte do xiro materialista que da coa súa filosofía. Hegel era idealista. Feuerbach, materialista. Esta é unha das grandes diferencias entre ambos. A filosofía que levará a cabo Marx será materialista tamén.
En segundo lugar, e coma fonte do marxismo temos que sinalar a importancia do Socialismo utópico.A mediados do XIX xorden unha serie de pensadores sensibilizados coa situación de explotación da clase obreira. Reivindican unha serie de reformas sociais que eliminasen as diferenzas de clase e a devandita situación de explotación dos traballadores. Propuxéronse e leváronse a cabo ás veces, reformas coma as comunas e cooperativas de traballadores para mellorar a producción e distribución de riquezas. Cabe sinalar a importancia de Saint-Simon, Fourier, Robert Owen, como principais representantes do socialismo utópico. Foron considerados utópicos polos seus contemporáneos e acusados de inxenuidade e falla de validez científica das súas propostas.
En terceiro lugar, e coma fonte do marxismo, non podemos esquencer a importancia dun movemento social: o anarquismo. Esta corrente reivindica unha forte transformación da sociedade, radical se se quere. Anarquismo significa “sen lei nin autoridade”. Para os anarquistas a única maneira de transformar a sociedade é rexeitar toda forma de poder, pois este é sempre fonte de perversión e corrupción. O seu ideal é unha sociedade sen Estado (que viría a encarnar todos os males sociais). Coma principais representantes do anarquismo están Bakunin e Proudhon, que falan da abolición do Estado como paso para acadar a liberdade e finalizar coa opresión e diferenza de clases sociais.
En cuarto lugar, temos que sinalar a importancia do liberalismo económico de Adam Smith e David Ricardo. Ambos os dous son de orixe inglesa e tratan de lexitimar o liberalismo económico en auxe despois da Revolución Industrial de fins do XVIII. Segundo estes autores, as leis do capitalismo son leis naturais e inamovibles que é preciso respetar. As leis da oferta e demanda, as súas consecuencias (precariedade laboral, entre outras) serían necesarias e indiscutibles para o bo funcionamento do sistema. Evidentemente, coma podedes intuir, Marx criticará fondamente esta corrente de pensamento, coa súa proposta dun cambio nas relacións de producción e do sistema mesmo. Irémolo vendo pouco a pouco.
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Marx

Karl Marx naceu na cidade alemá de Tréveris, Renania, rexión de Prusia, en 1818, no seo dunha familia acomodada de orixe xudía, pero que se convertera ao protestantismo. Realizou o Bacharelato cos xesuítas. Máis tarde realiza os seus estudos de dereito en Bonn e Berlín. Con dezaoito anos descubriu a filosofía hegeliana. Colaborou coa Gaceta Renana, que foi, sen embargo clausurada polo goberno prusiano en 1843, ano no que se tivo que exiliar a Francia coa súa muller. En 1844 mantivo con Engels unha relación de amizade que durará toda a súa vida. Viaxou por numerosos países de Europa animando ao movemento socialista. Expulsado de París debido ás presións do goberno prusiano, instalouse en Bruxelas, onde intensificou a súa actividade política. Instado por unha asociación obreira, redactou conxuntamente con Engels O manifesto Comunista. Tratábase dun texto sinxelo e básico, pero que contiña o ideario comunista fundamental.Os avatares da Revolución de 1848 obrigárono a viaxar por Europa, ata que, en 1849 se instalou definitivamente en Londres, onde viviría ata a súa morte. Tivo problemas económicos severos que foron aliviados por unha pensión herdada pola súa muller.En 1866 celebrouse a Primeira Internacional e, ao ano seguinte, apareceu o primeiro tomo da súa obra principal: O Capital. Marx foi un dos filósofos máis influintes da historia. Nel converxen o idealismo hegeliano, a ciencia económica liberal e o socialismo utópico. Marx embarcouse nun proxecto filosófico e nunha praxe política destinados a transformar o mundo co gallo de acadar unha sociedade máis xusta. Ademáis de O Capital, entre as súas obras cabe sinalar O manifesto comunista (1848) e Contribución á crítica da economía política (1859).
No Hay Comentarios »
Escrito por filosofia en Kant
Aquí tendes algún exemplo de textos de Kant que caeron nas PAAU dos últimos anos, para que vos sirvan de orientación sobre a dificultade e extensión dos mesmos. Inclúovos os criterios de avaliación que se empregan para a súa corrección.
O criticismo kantiano como síntese superadora do racionalismo e do empirismo
Chamaremos sensibilidade á receptividade do noso espírito para recibir representacións, en canto este é afectado dalgún xeito; chamaremos en cambio entendemento á facultade de producir nós mesmos representacións, ou á espontaneidade do coñecemento. A nosa natureza leva consigo que a intuición non poida ser nunca máis que sensible, é dicir, que encerre só o modo como somos afectados por obxectos. En cambio é o entendemento a facultade de pensar o obxecto da intuición sensible. Ningunha destas propiedades debe preferirse á outra. Sen sensibilidade, non nos sería dado obxecto ningún; e sen entendemento, ningún sería pensado. Pensamentos sen contido son vans, intuicións sen conceptos son cegas. Por iso é tan necesario facerse sensibles os conceptos (é dicir, engadirlles o obxecto na intuición), como facerse comprensibles as intuicións (é dicir, traelas baixo conceptos). Ambas as facultades ou capacidades non poden tampouco trocar as súas funcións. O entendemento non pode intuír nada, e os sentidos non poden pensar nada. Só da súa unión pode orixinarse coñecemento. Non por iso, non obstante, é lícito confundir a achega de cada un, senón que hai fortes motivos para separar e distinguir coidadosamente uns e outros. Por iso distinguimos a ciencia das regras da sensibilidade en xeral, é dicir, a estética, da ciencia das regras do entendemento en xeral, é dicir, a lóxica.
I. KANT; Crítica da razón pura, (A51-52/B75-76) ( PAAU ano 2007)
Kant e a Ilustración
Ilustración é a saída do home da súa minoría de idade, da que el mesmo é o culpable. Minoría de idade é a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección de outro. El mesmo é o culpable desta minoría de idade cando a causa dela non reside na falla de entendemento, senón na falla de decisión e valor para servirse del sen a dirección de outro. ¡Sapere aude! ¡Ten valor de servirte do teu propio entendemento!, velaquí a divisa da ilustración.Preguiza e covardía son a causa pola que unha tan grande parte de homes, moito despois de que a natureza os absolvera da dirección allea (naturaliter maiorennes), emporiso fiquen a gusto menores de idade a vida enteira; e por iso lles resulta tan doado ós outros erguerse nos seus titores. ¡É tan cómodo ser menor de idade!.
I.KANT; «Resposta á pregunta: ¿Que é ilustración?» (PAAU ano 2007)
A estética transcendental: as intuicións puras e as matemáticas
2.6. “Non hai ningunha dúbida de que todo o noso coñecemento comeza coa experiencia. En efecto, ¿qué podía espertar e poñer en acción a nosa facultade de coñecer se non fosen os obxectos que feren os nosos sentidos e que, por unha parte, producen por si mesmos representacións e, por outra, poñen en movemento a nosa facultade intelectual a fi n de que compare, enlace ou separe estas representacións e elabore así a materia bruta das impresións sensibles para obter dela un coñecemento dos obxectos chamado experiencia? Segundo o tempo, pois, ningún coñecemento precede en nós á experiencia e con ela comezan todos os nosos coñecementos. Pero se ben todo o noso coñecemento comeza coa experiencia, iso non proba que se derive todo el da experiencia, pois podería ser que o noso coñecemento por experiencia fose un composto do que recibimos das impresións sensibles e do que a nosa propia facultade de coñecer (…) proporciona por si mesma.”
I. KANT, Crítica da Razón pura, I. (PAAU ano 2005)
“De todo o que é posible concibir neste mundo, e incluso fóra del, nada hai que poida considerarse como absolutamente bo, sen restricción, excepto unha soa cousa: unha boa vontade. A intelixencia …, os demais talentos do espírito …, o valor …, a decisión … poden volverse malos e perigosos se a vontade … non é boa vontade. A boa vontade é o que é non polas súas produccións e os seus éxitos; tampouco pola súa facilidade para chegar a unha fin proposta, senón só polo querer; é dicir, que é boa en si e que, considerada en si mesma, debe indubidablemente ser estimada moi superior a todo o que podería facer a favor dalgunha inclinación ou incluso do total das inclinacións..”
KANT, I., Fundamentación da Metafísica dos costumes, I. (PAAU 2002)
Criterios de Avaliación/corrección (2007)
1. Con carácter xeral: os que figuran no Deseño Curricular Base da materia, que se aplicarán á composición realizada:
a) Situar e contextualizar adecuadamente o filósofo estudado no seu marco histórico e filosófico.
b) Relaciona-lo problema filosófico estudado coas principais condicións socioculturais nas que aparece e ás que pretendeu dar resposta.
c) Mostrar e recoñece-la implicación dos sistemas filosóficos no desenvolvemento histórico das ideas e dos cambios sociais.
d) Coñecer e manexar adecuadamente o vocabulario filosófico básico adquirido na filosofía do bacharelato.
e) Analiza-lo contido do texto filosófico proposto, con rigor metodolóxico, identificando os problemas, os conceptos e os termos específicos que aparecen, facendo explícita a súa estrutura expositiva (teses, argumentos e conclusións).
f) Expoñer, de modo claro e ordenado, as liñas fundamentais do problema formulado, dentro do pensamento do autor ó que pertence.
g) Mostra-las súas propias reflexións sobre o tema tratado.
2. Con carácter específico:
a) Avaliarase a capacidade do/da alumno/a para interpreta-lo texto en relación co tópico co que se relaciona.
b) Avaliarase a comprensión do tópico mencionado e os coñecementos relacionados con el.
c) Avaliaranse os coñecementos sobre o pensamento do autor.
d) Avaliarase a capacidade crítica, o rigor conceptual, a coherencia, precisión e claridade expositiva, así como todo o que poida contribuír a mostrar a comprensión dos problemas filosóficos formulados, tanto no texto como na temática suxerida.
Avaliación da composición: de 0 a 10 puntos.
No Hay Comentarios »
|